luns, 8 de xuño de 2020

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Bo día, como vos levantástede hoxe? Temos que animarnos, xa só nos quedan 2 semanas, e despois teredes o tan desexado e merecido descanso.
Os retos desta semana comezan a ser unha despedida, estamos na primaveira, pero antes do que pensamos volverá o verán.
Acabouse o de poñer a calefacción, e que experimento podo propoñer coa calor?? xa sei: 
Para facer este experimento precisas:
- Unha candea (pequena)
- Auga
- Mistos ou un acendedor
- 2 recipientes (un prato fondo e un vaso transparente alto)
Procedemento: coloca a candea no medio do prato e rodeaa con auga, Pídelle a un adulto que prenda a candea. Deixa que o adulto coloque un vaso boca a baixo cubrindo a candea. E observa o que pasa.
Recorda: non é maxia é ciencia.


A primaveira é a estación das flores e as flores son de moitísimas cores. Cal é a túa cor preferida? A miña e a cor VERDE.
Unha vez que busques por toda a casa obxectos/xoguetes da túa cor preferida. Escolleras un lugar plano e de unha cor soa, por exemplo unha mesa. Intentarás distribuilos facendo un cadrado, e evitando que queden todos xuntos. Mira exemplos para inspirarte:

Deixade que o fagan, cando pensen que está ben será o momento de sacar a foto, se pensades que poden mellorar, podedes suxerir cambios, pero que sexan eles os que decidan se facelos ou non. A vosa tarefa é supervisar.


Os calcetíns máis gordos xa non os vas a volver a usar, despídete deles con este xogo.
Colle varias parellas de calcetíns, non só teus podes coller algún de mamá e papá. Separaos todos e:
- Cantos hai en total?
- A ver se eres capaz de emparellalos, cantas parellas hai?
- Volve a desparellalos, mesturaos. Podeos ordealos de maior a menor? e de menor a maior?
- Que che parece se facemos series. Inventa un patrón e colocaos.
- Para recollelos, volve a emparellados e dobraos, pregunta á teu pai ou túa nai como se gardan e intenta dobralos.
Fai fotos de todas as actividades, podes propoñerte facelo no menos tempo posible. Fai unha carreira co teu irmá/n/pai/nai/avó/avoa...

É momento de gardar algunhas cousas que non imos utilizar. Pero antes de gardalas imos comprobar se recordas como se chaman e para que sirven?
Vas a necesitar algo de tempo, así que fai todo o que teñas que facer antes (beber, comer, ir ao baño,...) colócate tranquilo, e observa. Que é? Como se chama? Para que serve? Cóntamo como se eu estivese ahí. Agradecería que me enviárades un audio, para comprobar como foi a súa evolución.


Lembrade a importancia de que os peques constrúan frases cada vez máis longas e completas. Incorporando novo vocabulario. Eu propoño facelo con estos obxectos pero na casa podedes facelo con cousas que teñades, e en calquer momento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario