luns, 1 de xuño de 2020

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Esta semana imos continuar cos piratas. Haberá un pouco de todo, a ver que vos parece?

Gustaríache ser un bo/boa pirata? Demostrade que vos tamén o podedes ser.
Daniela tivo que superar 7 probas, esta vez ti, só terás que superar 4 así que esfórzate.

Neste xogo poderas pescar un montón de peixes. se fas click na imaxe irás ao xogo directamente. Recorda que só podes coller os peixes que aparecen arriba á dereita. Fíxate ben, e anota cantos puntos conseguiches.


Enfróntate á gran serpe de escuma.
Para facela precisarás: auga, deterxente líquido (tipo fairy), unha botella de plástico baleira, unha goma, un bol/bañeira, unha tela grosa/calcetín, se che queda colorante podes utilizado, pero non é necesario.


Para ver como hai que facer, mira os seguintes vídeos, tamén podes facer click nas imaxes e irás a enlaces onde o explican.



Como 3º reto tes que chegar á illa do tesouro. E para iso tes que pensar nos números. Só terás que concentrarte un pouco e xa verás como chegas.









Se che apetece tamén podes utilizar este recurso que atopei sobre piratas:
Necesitarás o adobe flash e pode que non funcione en algúns dispositivos.

E para rematar:

Se queres ser un/ha gran pirata tes que buscar un nome terrorífico é orixinal, escoita con atención os exemplos dos nomes que aparecen no conto Daniela Pirata. E pensa mentres fas o boneto dun pirata:


O teu barco tamén pode ter nome. Pensa nel mentres coloreas o barco.    Xa o tes pensado?, pois fai un debuxo no que aparezas ti máis o teu barco pirata e escribe os nomes dos dous.
Non esquezades mandarme fotos do que estivéstedes facendo.
Moitas gracias pola vosa colaboración.

Para rematar se che apetece podes facer este grupo de tarefas impresas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario