luns, 15 de xuño de 2020

Semana do 15 ao 19 de xuño de 2020

Bo día.
Chegamos ao final deste particular curso. O primeiro é dar os parabéns a todos/s: familias, profesorado e especialmente, ao alumnado. O reto non era nada doado pero soubemos estar á altura. Despois de estar parte do curso separados/as, queremos que esta última semana de traballo supoña un encontro de novo. Deste xeito, e sendo conscientes do cansos/as que xa nos atopamos, a proposta de traballo será conxunta para todo o alumnado do centro e consistirá en participar en un, dous ou tres dos paneis propostos. 
Utilizaremos a aplicación Padlet, que permite presentar e compartir contido de maneira moi doada nun panel común. Hai tres opcións:


1.- Día da bicicleta. O vindeiro mércores 17 celebrariamos o día da bicicleta. Pois que mellor que facelo visible saíndo ese día a dar unha volta e se é posible coa camiseta da carreira do magosto deste curso. Pódese subir ao panel compartido calquera cousa relacionado con este día: foto, vídeo, texto, ligazóns; tanto noso, como relacionado co mundo da bicicleta. https://padlet.com/ceipdocaminhoingles/diadabicicleta 

Hecho con Padlet



 2.- Descenso do Carboeiro. O 19 de xuño estariamos facendo o II Descenso do Carboeiro. Propoñemos facer un panel compartido onde cada quen poida subir o seu prototipo de embarcación. Nun debuxo, vídeo, fotografía... Como se queira. O importante é a imaxinación. https://padlet.com/ceipdocaminhoingles/IIdescensocarboeiro 
 3.- Fin de curso. Despois deste curso tan atípico, trátase de subir a este panel o que consideremos oportuno. Pensamentos, imaxes, vídeos, ligazóns sobre o confinamento, o traballo en casa, o verán ou os propósitos para o vindeiro curso. 
 https://padlet.com/ceipdocaminhoingles/findecurso2020


Hecho con Padlet

Todo se pode facer identificado co nome e curso ou de maneira anónima. Tamén existe a posibilidade de comentar o contido do resto. Como vedes, vale calquera cousa con tal de sentir como facemos outra vez cousas en común. Tedes un titorial por se dubidades á hora de utilizar a aplicación, pero é moi doada. 

 Moito ánimo para esta última semana de traballo do curso.

O profesorado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario