A Consellería solicita que fagamos unha planificación de tarefas para que o noso alumnado poda facer na casa. Moitos de vós pedístedes orientación pero estas tarefas non son obligatorias nin avaliables.
O máis importante é que de luns a venres establezades unhas rutinas e un horario.O horario farémolo nunha cartulina ou folla, como eles todavía non poden escribir nin ler, sería moi importante que utilizasedes pictogramas:
Algúns podedes atopalos en www.pictotraductor.com
O horario deberá contar coas opinións de todos e todas.
Que debedes organizar e poñer no horario? Algúns exemplos son (podedes colocalos como vos veña mellor, poñer unha hora determinada ou non):
- Erguerse da cama
- Almorzar
- Asearse e vestirse
- Asamblea familiar: reunión dos membros da familia para decidir que actividades se van a realizar
- ACTIVIDADES A REALIZAR *
- Pequena merenda
- Actividade física (xogos de moverse, bailar, saltar... se tedes a sorte de ter un patio ou xardín: correr, pasear en bici,...)
- Comida (axudar a colocar a mesa, axudar a facer a comida,... recoller, fregar, lavar)
- Sesta para os máis pequenos, para os que xa non a durmen: ver unha peli, documental, xogo libre na casa cos xoguetes
- Momento da lectura: poden velos, contarllo, inventar outros finais, inventar outro conto partindo das mesmas personaxes,...
- Merenda
- ACTIVIDADES A REALIZAR *
- Momento de conexión co mundo: videoconferencias, falar con amigas, familiares...
- Ducha
- Cea (axudar a colocar a mesa, a preparar a cea... recoller)
- Relax
- Conto
- A dormir!
* Exemplos de actividades a realizar:
Irei propoñendo actividades cada día, a eles deberedes darlle a escoller entre 3 ou 4 non máis porque senon quererán facer todo nun día e remataránse as ideas.
É importante que manteñan a atención nunha actividade certo tempo. Polo que sería interesante marcar un tempo mínimo para cada actividade.
É importante que manteñan a atención nunha actividade certo tempo. Polo que sería interesante marcar un tempo mínimo para cada actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario