Falamos sobre o conto, cales son os protagonistas, inventamos un título, inventamos un novo final. Escribimos o título, debuxamos o/a protagonista, debuxamos un novo final,...
Non tes que facelo todo, só aquelo que prefiras.
Hoxe propóñovos xogar ao bingo das letras maiúsculas. É moi doado e podedes xogar toda a familia.
Podedes utilizar as letras de imán, de scrabbel (intelect), ou facelas en papel.
Tamén hai que preparar uns cartóns:
Nuns folios facemos unha táboa e engadimos letras sen repetir.
Escollemos unha letra de cada, sempre en maiúsculas, metémolas nunha bolsa. E a cantar letras. Recordade facer quendas para que sexa máis divertido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario