luns, 25 de maio de 2020

Semana do 25 ao 29 de maio

Polo que puden ver a semana pasada, todos e todas temos moitas ganas de piscina e de praia. A verdade e que co tempo que fixo eu tamén teño moitas moitas gañas.
Esta semana imos a facer varios retos relacionados cos PIRATAS:


O primeiro reto consiste en escoitar un conto para aprender un pouco más sobre os piratas:


No seguinte vídeo aparece animais mariños, antes de que cambie tes que dicir cantos hai.
Preparado, listo, xa....

Precisaremos unha bañeira, o recipente con auga, algúns tapóns que customizaremos como se foses barcos e algunhas palliñas para soprar.
Xogamos ás carreiras? a ver que fai chegar antes o seu barco ao outro lado?
Con esta actividade traballaremos o sopro, tan importante para a tonificación dos músculos da boca que interveñen na fala. Pode que algúns non o teñan adquirido e boten máis saliva que aire, pois se trata de practicar con xogos.
Se vedes que non funciona podedes construír de forma moi sinxela este aparatiño que lles pode facer gracia e que sirve para mover os papeis e comprobar como é o seu sopro.
Como vedes precisaredes é un vaso de plástico transparente para ver como se moven (se non tedes podedes utilizar un de cristal pero para utilizalo con supervisión), papel film, unha goma, unha palliña, e o máis importante papeliños de cores, paillets,... (teñen que ser pouco pesados para que se movan co sopro).
O típico xogo de facer pompas tamén é moi útil.


SE NON O PODER VER, FAI CLICK AQUÍ
OUTRAS ACTIVIDADES DE PIRATAS POR SE VOS APETECE:

 







PREFIRES ACTIVIDADES IMPRESAS? FAI CLICK AQUÍ

luns, 18 de maio de 2020

Semana do 18 ao 22 de maio

Imos a por outra semana. Agora si que parece que estamos na primavera, podemos gozar do sol e dun paseíño ao aire libre para sentirlo. Por iso, esta semana os retos terán que ver co sol.
Imos a por eles:
No primeiro reto veremos a importancia de usar unha crema co factor solar axeitado. Para o precisaremos unha cartolina negra e crema con factor de protección e por suposto un lugar donde durante bastante tempo haxa sol, e sol (iso non depende de nós). 
Doblamos a cartolina á metade, e botamos crema nunha das partes, que extenderemos. E deixaremos ao sol bastante tempo.
Fotos de dosprofesenapuros.com
Que pasou? Observades? O mércores faremos unha videoconferencia e poderedes ensinarmo.

Unha maneira de pasar o tempo e divertirse é xogando ás cartas. Traballaremos o recoñecemento dos números, a subitización, a concentración,... en definitiva conceptos lóxico-matemáticos.
Esta semana propoño 2, pero me gustaría saber a que xogas ti coas cartas. Xóganse con baralla española, pero se tes a francesa tamén podes xogar só terás que adaptalos.
O "cú cagado" consiste en poñer todas as cartas boca abaixo, e ir levantando unha a unha e por quendas ata atopar o As de Ouros. As que se van levantando poderemos retiralas. Quen levante esa carta, ten o cú cagado😆😆 e perde. 
O "burro de contar" repártese toda a baralla entre os xogadores, gaña o que quede sen cartas máis rápido. Por quendas, trátase de ir botando unha carta ao montón e contar en alto 1, 2, 3... sota, cabalo e rei. Se ao botar unha carta coincide co que dí, ten que coller todo o montón e comeza outra vez.



Xunta co queres facer a torre, e con moita delicadeza intenta facela o máis alto posible. Cando a teñas rematada podes debuxala e anotar cantas pezas utilizaches e canto mide (para iso precisaremos un metro e axuda). Podes subir as fotos no seguinte panel.


Hecho con Padlet

Recrea no chan o que che gustaría facer un día de sol. Deixa que teu pai ou túa nai che saquen unha foto, e veremos que pasa.
Súbeas ao padlet.
Fotos do CRA A PICARAÑA 

Imos comezar coa conciencia fonolóxica. Intentar "adiviñar"/ser conscientes de que letras levan cada palabra. Comezamos polas vogais.
A continuación vou a colgar 3 fichas interactivas que poden facer na tablet, ordenador ou móbil, ao rematar  pulsar TERMINADO. Aparecerán dúas opcións, da que tedes escoller "enviar las respuestas a mi profesor". Só teredes que escribir o nome, a miña dirección de correo electrónico e xa me chegan directamente.
(Hai moitas fichas nesta aplicación, preferiría que non fixérades máis que as que propoño, para non saturar ao nenos/as e deixar os recursos para cando sexa o momento axeitado. Gracias).
Vocales 4, una ficha interactiva de KMoreno



Discriminación a-o inicial, una ficha interactiva de isdifer1961


Para os que non teñan a opción de poder facelas online, ou prefiran ter algo impreso, deixo unhas aquí para descargar.
Se ten dificultades para distingulas probade co seguinte vídeo:

Que teñades unha boa semana.

sábado, 16 de maio de 2020

Carboeiro Escolar

O venres decidimos en claustro, seguir adiante coa revista Carboeiro Escolar. Precisamos que nos envíedes unha foto, na que saían ben guapos/as, de formato carnet (de hombreiro para arriba) co fondo en branco. Podedes envíala ao meu correo.
Moitas gracias outra vez pola vosa colaboración. Non facemos máis que pedir.

martes, 12 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS II

A semana pasada comezamos coa celebración do día das letras galegas.  Este ano adicado a RICARDO CARVALHO CALERO: 


Como vos contei a semana pasada na aula virtual do cole temos algúns recursos. Para esta semana coloco aquí accesos ás dúas actividades en liña (para as que fai falta adobe flash, polo que ao mellor non funcionan en todos os ordenadores) do seminario Galán:
(fai click na imaxe)

(fai click na imaxe)
Unha gran amiga miña e compañeira de profesión fixo esta presentación tipo escape room, agardo que disfrutedes con ela:

Estas actividades son totalmente voluntarias. Boa semana.

luns, 11 de maio de 2020

Semana do 11 ao 15 de maio

Esta semana é xusto anterior ás Letras galegas, polo que os retos desta semana terán que ver dalgún modo cunha poesía de Ricardo Carvalho Calero. Comezamos:



MARÍA SILÉNCIO

Cabeleira de chúvia, ollos de néboa. 
Maria Siléncio, esfarrapada, à espreita. 
 Sempre agardando, pola noite, as barcas. 
A tua angúria fala con olladas. 
 Maria Nocturna: no peirán ¿qué esperas? 
¿polo dia non vives? 
¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela? 
 Maria Siléncio, sempre dura e muda... 
¿Cál é a barca que agardas? 
 Das fontes dos teus ollos
 fluen rios de sono. 
Pero ti sempre dura e desvelada, 
batida polo vento, no peirán...
 Maria Siléncio, eu roubaria 
no ceu a estrela de mel, 
na água a estrela de prata, 
pra che mercar a fala. 
 Se queres ulir flores, 
darei-che a flor da lua. 
Maria do Mar, ¿qué barca agardas? 
¿Queres o sol, carne de lua fria? 
O sol é un porco-espiño disfarzado. 
No mar agora, ourizo de mar, dorme.
Pescado pola cana do abrente, 
darei-cho eu, raiolante e mollado. 
 ¡Maria Siléncio, Voz Dormida: fala! 
 ¿A qué afogado esperas, 
Maria da Sombriza Espranza? 
 Maria Siléncio, ¿aagardas a tua voz? 
¿As ondas do mar levado roubaron-cha? 
De chúvia e vento vestida, 
Maria Siléncio, calada...

 Carvalho Calero, Ricardo (1980) Pretérito Imperfeito (1927-1961) (A Coruña: Ediciós do Castro)
E se a escoitamo en canción: fai click aquí.  É unha versión de Fanny e Alexander.
Xa deberíates ter o trociño que lle toca ao voso/a pequeno/a no correo, se non o tedes poñédevos en contacto conmigo a través do correo.
Deberán practicar varias veces, intentando entonar, envíade o audio coa mellor versión.


Para este reto tes un arquivo que verás se fas clik aquí. Se podes imprimilo xenial, senón podes copiar parte do poema, sempre en maiúsculas.



Para esta pintura de relevo de secado rápido necesitaremos o forno microondas. Mesturamos 130 gr de fariña con 3 cucharaditas de fermento químico (tipo Royal), 1 cucharadita de sal fino e a cantidade necesaria de auga para formar unha pasta coa consistencia da mestura das tortitas americanas. Separámola en partes e tinguimos cada unha da cor desexada con colorantes alimenticios. 
Para pintar con ela deberán facelo sobre papel groso ou cartón (o papel normal humedécese moi rápido), usando pinceis, biberóns de salsas, ou poñendo a mestura en bolsas e cun buratiño na punta.
Cando rematemos de debuxar poñemos a folla dentro o forno microondas e cocémola  uns 30-40 segundos, veremos como a pintura se infla no forno mentres se vai cocendo. Para saber se xa está listo o debuxo en relevo, a pintura debe estar seca
  


Para debuxar, mellor poden facer un boceto co lapis e despois repasar coa pintura. Para ver o que medra, podedes experimentar un pouco primeiro.
Recordade poñer o nome mellor cun rotulador.

Con audio do primer reto e coa foto deste farei un vídeo, que farei público o día 17.

Para conmemorar que xa estamos no mes de maio, e aproveitando que xa podemos saír un pouco da casa propónovos:






Ensinádelle exemplos do que hai que facer. Aproveitade unha saída e recollede materiais naturais por fóra, trociños de madeira, piñas, follas, flores, herbas, froitas, e facede a vosa composición. non ten porque ser tipo escultura pode ser plana. Deíxade que os nenos experimenten, coloquen, xunten, refagan,... e que vos avisen cando o teñan listo, nese momento será cando lle podedes sacar unha foto. preguntádelle se lle gusta, se pensan que o poderían facer mellor, se lles gustaría modificar algo, se pensan que falta algo, se están cansos, ou se polo contrario queren seguir facendo... 
Temos que ir iniciando o espíritu crítico e tamén unha iniciativa creativa, non é  copiar, teñen que crear. Por iso é interesante ensinarllos antes, para que busquen materiais que poden precisar, pero non xusto antes de poñerse a facelo.
Se están bloqueados e non saben por onde comezar, entón é o momento de axudarlles ir colocando o material, en círculo, cuadrado e logo enchelo, por exemplo. Desfacémolo e que o intenten, se seguen amosándose inseguros sempre hai que halagar o que están facendo. Todo vale, porque do erro sempre se aprende.

Agardo que disfrutedes con estos retos. Esta vez teredes que enviarme as fotos ao meu correo. Graciñas.

luns, 4 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS I

O DÍA 17 CELEBRAREMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
debido á situación as súa celebración adiarase ao 31 de outubro. No cole propoñemos traballar sobre o escritor:
RICARDO CARVALHO CALERO
Dende a aula virtual do cole (á que podedes achegarvos dende a páxina do cole, e acceder como convidados) hai colgados material para coñecelo un pouco máis.
Aquí quedará os enlaces máis axeitados para nós. No primeiro que podedes investigar e na sía biografía e facer algunhas actividades sobre unha das súas obras
(fai click na imaxe)

Semana do 6 ao 8 de maio

Comezamos outra semana con moita ilusión, xa se nota que en nada poderemos ir ao cole. Polo de agora permítesenos pasear e facer deporte. Seguro que aproveitastes para ver ao avó, avoa, tío, tía, curmáns, amigos... aínda que de lonxe. Recordade é moi importante gardar a distancia social.
Para esta semana temos 4 retos:

Podedes seguir esta receta:
Probade primeiro cunha cor, para gardala para outro día, hai que gardala nun tupper ou con un film.
Ímola precisar para os demais retos.


Coloca a plastilina no chan ou nunha mesa protexida, tes que estirala un pouco. Proba primeiro a pasar por enriba un coche, observa as pegadas que deixa, proba cun animal,...

Despois de experimentar e observar, ponte a proba. Deixa que un irmá/n ou que a túa nai/pai, faga as pegadas e ti terás que adiviñar a que obxecto corresponde cada pegada.

Hai un montón de actividades coa plastilina. Esta semana propoñemos unhas poucas, gardade a plastilina para outras semanas.


Se queres podes subir aquí as imaxes, como nas semanas anteriores. podedes subir cantas fotos desexedes.

Hecho con Padlet

50 días de confinamento

Levamos 50 días... 50 días sen poder facervos rir, abrazarvos, collervos no colo, secar as vosas bágoas,... e sobre todo sen recibir tanto... bótasevos de menos.