SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO
Esta semana non hai tarefas que entregar. Nin para Educación Infantil nin para Primaria.
Deixo estos días, ata o venres, para que revisedes e entreguedes as tarefas atrasadas. Enviar ao mail alvaro6caminhoingles@gmail.com.
ATENCIÓN: VENRES 12 DE XUÑO ÚLTIMO DÍA DE ENTREGA!!!!
SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO
Esta semana o alumnado de Educación Infantil terá que visualizar un vídeo
titulado “Na punta do pé” que está ubicado na aula virtual na Unidade que
leva o mesmo nome.
Nesa visualización teredes que atopar dous bailes: o xogo da carrasquiña e a
caminho de Viseu.
NON HAI TAREFAS QUE ENTREGAR ESTA SEMANA.
Podedes seguir enviando traballos atrasados.
Recordar que todo material que enviedes levará nome, apelidos e curso.
Non hai tarefa nova. Continúa aberto o prazo para enviar a da semana anterior.
O alumnado de Educación Infantil terá que elaborar un xogo de BIRLOS.
Os Birlos ou bolos é un xogo popular-tradicional galego que ten variantes nas
súas formas de xogar pero fundamentalmente consiste en lanzar unha bola a
uns birlos (especie de botellas de madeira).
SEMANA DO 4 AO 10 MAIO
O alumnado de Educación Infantil e o de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria terán que realizar as tarefas plantexadas no vídeo que aparece na dirección web aportada (A). Trata sobre a iniciación ao ioga (móvete connosco na casa).
SEMANA DO 18 AO 24 DE MAIO
Tamén deixo uns enlaces a modo de proposta por se alguén os quere utilizar
ou lle da ideas. Recordar que é unha actividade aberta tanto na forma dos
materiais, no seu tamaño, no número de birlos, na súa decoración.
TAREFA A ENTREGAR:
♣ Tedes que facer unha soa foto onde se vexa a tarefa rematada (produto
final).
♣ Enviala ao mail alvaro6caminhoingles@gmail.com
♣ Poñer nome, apelidos e curso
♣ Calidade baixa
♣ En horizontal
♣ Prazo de entrega: do 18 ao 31 Maio
SEMANA DO 11 AO 17 DE MAIO
O alumnado de Educación Infantil seguirá o Vídeo de mobilidade articular cunha canción en inglés. Non terán que enviar nada desta tarefa.
O vídeo está colgado na aula virtual, que poderás velo aquí. Acórdate de entrar como convidado, e senón recordas o contrasinal, pídemo.
SEMANA DO 4 AO 10 MAIO
O alumnado de Educación Infantil e o de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria terán que realizar as tarefas plantexadas no vídeo que aparece na dirección web aportada (A). Trata sobre a iniciación ao ioga (móvete connosco na casa).
SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 MAIO
Tarefa única para Educación Infantil e primaria.
Teredes que enviar ao correo alvaro6caminhoingles@gmail.com unha foto realizando unha das combinacións da tarefa. Por favor, unha soa foto (en horizontal, en baixa calidade e directamente ao correo indicado sin enlaces) onde apareza o nome, apelidos e curso do alumnx.
Ao alumnado de PRIMARIA. Esta semana irei colgando arquivos nunha unidade didáctica de baloncesto para realizar algún traballo para a seguinte. Ide mirándoos!!!!
Seguide activos!!
TAREFA ÚNICA
Transporte de obstáculos
Teredes que transportar dende un lugar A a outro B 10 obxectos de diferentes
formas, adaptándose á idade do alumnado.
Vou dar algunhas posibilidades e vós decidiredes como combinalas.
Por exemplo: transportar un libro no bandullo en posición de cuadrupedia
invertida (cangrexo).
MATERIAIS a transportar: xoguetes, papel hixiénico, bricks, lapis, caixas,
coxíns, globos, estoxo, pelotas, mango de vasoira, botes, bonecas, peluches,
libros, botellas de plástico, etc.
POSIBILIDADES MOTRICES: andando levando o obxecto en algunha parte do
corpo, de puntillas, de talóns, entre os xeonllos, entre os nocellos, cuadrupedia,
cuadrupedia invertida, reptando, en cuclillas, saltando ou a pata coxa.
VARIANTES: cara atrás, lateralmente, cós ollos pechados.
OBSERVACIÓNS: aumentar o número de obxectos a transportar, a dificultade
nas combinacións ou o número de repeticións en cada caso.

SEMANA DO 2O AO 26 ABRIL
Ánimo rapacxs, xa queda menos!!! Seguídevos movendo!!!!! Supoño que estaredes facendo unha rutina diaria de actividade física.
Ademais, aquí vos deixo dúas tarefas para Educación Infantil (Psicomotricidade)
Tedes que facer unha gravación dunha das tarefas (máximo 1 minuto) e mandalo o mail: alvaro6caminhoingles@gmail.com incluíndo nome, apelidos e curso.
1ª TAREFA:
Andar por unha liña sen saírse dela. A continuación realizar as variantes.
MATERIAL: sen material
LUGAR: o corredor sería un bo sitio
DURACIÓN: 5 minutos
VARIANTES: andar cara atrás, de lado para adiante, de lado cara atrás, cós
ollos pechados, de puntillas, de talóns…
OBSERVACIÓNS: utilizar as xuntas das baldosas como liñas, pintala con xiz,
utilizar cinta adhesiva, cinta de pintor ou poñer unha comba.
2ª TAREFA: PASO POLO TÚNEL
Colocar varias cadeiras en fila e pasar polo “túnel” reptando
MATERIAL: cadeiras
LUGAR: o corredor sería un bo sitio
DURACIÓN: 3 minutos
VARIANTES: transportar algo de lado a lado do “túnel”
OBSERVACIÓNS: se as cadeiras non deixan espazo suficiente para meterse
por debaixo podemos colocar dúas e algo por arriba.
Tamén poden decorar o “túnel”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario