Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de abril de 2020

Propostas semana do 20 ao 24 de abril

Comezamos hoxe o 3º trimestre!
Imos estrear unha nova maneira de facer as propostas ou retos que agardo que vos guste. As propostas serán como máximo 5 e abarcarán todos os ámbitos de aprendizaxe. Recordade que ademais haberá as propostas inglés (https://englishlittleones.blogspot.com/), de música e xogando e falando cos números.
Deste xeito seredes vós quen vai planificar o traballo en función do tempo que podedes adicar aos vosos fillos/as. Como por agora son moi pequenos sempre van a precisar do voso apoio e axuda.

Unha vez realizado o reto desta semana, sacádelle unha foto 📸 ou vídeo e subídea ao programa Padlet, que nos servirá para compartir con todos e todas as actividades feitas na casa, se vos apetece, e tamén para ver as dos demais.
É moi doado: Clicade na imaxe que segue e accederedes a un panel. Clicade no símbolo + de cor rosa (abaixo á dereita) e abrirase o voso espazo para subir a foto. Clicade no símbolo da frecha ↥ para acceder ao voso arquivo. Elixides a foto e listo!! Xa tedes a vosa foto no panel, onde compartiremos e veremos todas as nosas creacións!
Só é para colgar actividades desta semana
Tamén podedes seguir enviándome as fotos, vídeos... por correo electrónico.
Hecho con Padlet
Para comezar ímolo poñer sinxenlo e só será 1 reto.

1º Imos crear un libro coa nosa inicial (se che gusta podes facelo coa inicial do nome da túa nai/pai/irmá/irmán....). O día 23 é o día do libro, así que mellor forma de celebralo que facendo o noso propio.
A idea é crear algo bonito con esa letra un libro en forma de letra nunha páxina podes recortar e pegar letras do teu nome, noutro debuxar cousas que comezan por esa letra, noutra escribir nomes que teñan a mesma inicial, notra contar o número de letras que ten o teu nome e escribir palabras co mesmo número, numera as páxinas, debúxate,... Imaxina, inventa e crea
Con esta actividade xa estamos traballando: a coordinación óculo-manual, a iniciación á lecto escritura, o gusto polas actividades plásticas,...
Cando sexa o momento de volver á escola recorda traer o libro

martes, 14 de abril de 2020

ACHEGAMENTO Á ARTE: JOAN MIRÓ III

Miró tamén fixo esculturas, murais de cerámica, ...
Mujer y pájaro, Barcelona
La caricia de un pájaro
Estatuas de la Defense, Paris.
El muro de la luna, Edificio de la Unesco, Paris
El muro del sol, Edificio de la Unesco, Paris
Que vos parecen? As esculturas poderían saír de calquera dos seus cadros verdade.
Pois intentamos facer algunha?
Utilizaremos material de refugallo, plastilina, cartóns,... e sobre todo imaxinación.
 
Facendo recreacións, ou outras novas inspiradas na súa arte.
 
RECORDADE quero ver as vosas obras.

martes, 7 de abril de 2020

ACHEGAMENTO Á ARTE: JOAN MIRÓ II

Miró ten moitísimas obras onde aparecen estrelas e ollos. Fixádevos:
Las constelaciones
Mujer en la noche
Pero tamén animais:
Mujer, pájaro y estrella.
Pájaros en el espacio


Queredes facer máis felices ás vosas obras, dádelle cor e inventade.

Como utilizaba un montón de figuras repetitivas, se tes 2 dados e un pouco de imaxinación crea o teu cadro, ten moitas cores a man, tiras os dados escolle un para ver en que fila tes que mirar e conta os puntiños se sumas 11 ou 12 podes escoller. Por exemplo, se me sae un 2 e un 5, eu escollo a fila co 2, conto os puntos 2+5=7 asi que tería que debuxar un ollo con 2 peliños ;).
Repetimos ata enchelo, e practicamos os números e comezamos a sumar sen enterarnos. Se nos cansamos seguimos noutro momento ou outro día.
Tamén propoño escribir o nome nome coas figuras típicas de Miró:

venres, 3 de abril de 2020

TIC´S: ACTIVIDADES III

Atopei este recurso para xogar con cadros de Miró.
A ver que vos parece.

De entrada non parece moi atractivo pero as actividades que propoñen son fabulosas.

martes, 31 de marzo de 2020

ACHEGAMENTO Á ARTE: JOAN MIRÓ I

Imos co seguinte artista.
JOAN MIRÓ
Ímonos fixar nalgunhas das súas obras:
Pintura mural para Joaquim Gomis (1948)
La poetisa (1940)
Azul I (1961)
Igual que fixemos con Mondrian, fixarémonos no que teñen en común:
- formas
- cores
- sinatura
- ...
Despois de que eles falen e opinen sobre as obras podemos dar un pouco máis de información: Miró é un dos artistas máis importantes do século XX. Naceu en Barcelona, adicouse á escultura e á pintura. 

Utilizaba moitas formas nos seus cadros, xogamos a identificalas?
Tamén podes crear o teu cadro utilizando formas de cores


martes, 24 de marzo de 2020

ACHEGAMENTO Á ARTE: ACTIVIDADES II

Pensábades que Mondrian non daba para máis... pois nada diso... hai moitísimas actividades que podemos seguir facendo.
Esta vez propóñovos unha para a que primeiro hai que practicar o uso da tesoiras.
Sería importante incluir no horario 5 minutos para recortar papeis de xornal, de revista, de folletos.... cando controlen un pouco a tesoira podemos intentar que recorten por liñas rectas:
Collemos papeis das cores que utiliza Mondrian. se non os tedes podedes pintalos, e recortamos tiras, cadrados e facemos a nosa composición.
Gustaríame ver como vos saen... recordade enviar fotos a través do correo electrónico. Xa me encargo de subilas a instagram.

mércores, 18 de marzo de 2020

ACHEGAMENTO Á ARTE: ACTIVIDADES I

O arte en infantil tamén é moi importante porque permite que o alumnado exprese a súa creatividade e o seu desenvolvemento integral. Cando un neno ou nena colle un utensilio e empeza a crear todo é arte.
Pero dende a escola amosamos algúns modelos axeitados á súa idade para que podan recoñecer artistas famosos e famosas.
Neste trimestre tiñamos organizada unha saída á unha exposición de arte, que teremos que pospoñer.
O primeiro artista que ía propoñer é:
PIET MONDRIAN
Para iso expoño varias obras del,
Composición en rojo, amarillo, azul, blanco y negro (1921)

Composición en campo de color (1917)
Victoria del Boogie Woogie (1942-4)

para fixarnos no que teñen en común:
- formas
- cores
- sinatura
- ...
Despois de que eles digan podemos dar un pouco máis de información:
Mondrian  foi un pintor vanguardista que vivían en Holanda (podemos buscala nun mapa para ver se está lonxe ou preto, se tivesemos que ir visitalo en que viaxaríamos,...) é moi coñecido polas súas obras figurativas, que el chamaba composicións.
A partir de ahí suxerimos actividades para tratar de reproducir algún:
- montando un cadro con pezas de lego ou semellantes
- recortando trozos de papel e pegando
- facendo liñas con cinta aislante e completando con cor, plastilina, papeis, ...
- colorear outros obxectos como se foses pintados por Mondrian


 
Deixovos un baleiro por se queredes enchelo: