luns, 20 de abril de 2020

Propostas semana do 20 ao 24 de abril

Comezamos hoxe o 3º trimestre!
Imos estrear unha nova maneira de facer as propostas ou retos que agardo que vos guste. As propostas serán como máximo 5 e abarcarán todos os ámbitos de aprendizaxe. Recordade que ademais haberá as propostas inglés (https://englishlittleones.blogspot.com/), de música e xogando e falando cos números.
Deste xeito seredes vós quen vai planificar o traballo en función do tempo que podedes adicar aos vosos fillos/as. Como por agora son moi pequenos sempre van a precisar do voso apoio e axuda.

Unha vez realizado o reto desta semana, sacádelle unha foto 📸 ou vídeo e subídea ao programa Padlet, que nos servirá para compartir con todos e todas as actividades feitas na casa, se vos apetece, e tamén para ver as dos demais.
É moi doado: Clicade na imaxe que segue e accederedes a un panel. Clicade no símbolo + de cor rosa (abaixo á dereita) e abrirase o voso espazo para subir a foto. Clicade no símbolo da frecha ↥ para acceder ao voso arquivo. Elixides a foto e listo!! Xa tedes a vosa foto no panel, onde compartiremos e veremos todas as nosas creacións!
Só é para colgar actividades desta semana
Tamén podedes seguir enviándome as fotos, vídeos... por correo electrónico.
Hecho con Padlet
Para comezar ímolo poñer sinxenlo e só será 1 reto.

1º Imos crear un libro coa nosa inicial (se che gusta podes facelo coa inicial do nome da túa nai/pai/irmá/irmán....). O día 23 é o día do libro, así que mellor forma de celebralo que facendo o noso propio.
A idea é crear algo bonito con esa letra un libro en forma de letra nunha páxina podes recortar e pegar letras do teu nome, noutro debuxar cousas que comezan por esa letra, noutra escribir nomes que teñan a mesma inicial, notra contar o número de letras que ten o teu nome e escribir palabras co mesmo número, numera as páxinas, debúxate,... Imaxina, inventa e crea
Con esta actividade xa estamos traballando: a coordinación óculo-manual, a iniciación á lecto escritura, o gusto polas actividades plásticas,...
Cando sexa o momento de volver á escola recorda traer o libro

Ningún comentario:

Publicar un comentario