Amosando publicacións coa etiqueta día mundial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día mundial. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de abril de 2020

Semana do 27 de abril ao 1 de maio

Ánimo que esta semana é cortiña, e moitos xa poderedes ir a pasear un pouquiño. 
Para esta semana poñemos 4 retos.
Deste reto non hai que enviar nada, só disfrutar dun pouco menos de ruido.

Podedes ir á páxina do cole e escoitar os primeiros programa desde curso:
(Se fas clic na imaxe irás ao lugar onde están, para poder escoitalos)
Se hai algún con bo son e contido pode que nolo publiquen.
Tamén animamos aos avós e avoas que nos conten algunha historia. A única condición e que ten que ser de 1 minuto (segundo arriba segundo abaixo)



Ben sinxelo, non? Recorda escribir de quen é e para quen é. Facemos como a semana pasada, subímolo na aplicación que segue:

Hecho con Padlet
Para engadir contido só hai que pulsar no signo máis rosa e buscar a foto, vídeo,... que se quere engadir.
Ese debuxo será un agasallo para a túa nai.


Imaxes atopadas na rede: http://www.3ways2teach.com/


Podes subir as fotos desta proposta na aplicación de arriba.
Gozade da semana.

xoves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO INFANTIL

Hoxe é o día mundial do libro infantil, poderíavos recomendar moitos libros pero agora vai ser difícil adquirilos polo que vos achego algúns enlaces á contatontos ou filmes de contos (ademais de kalandraka.tv do que xa falei). Esta vez hai que pinchar no texto.
Canles de youtube con contacontos:
Los mundos de Sonia
Filmes de contos:

Oqo

A autora e ilustradora OLGA DE DIOS comparte unha descarga gratuíta dalgúns dos seus contos. Fai clic na imaxe para descargalos:




E non só eso, senón que tamén nos deixa algún material imprimible sobre os seus contos: