Amosando publicacións coa etiqueta Semana Santa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Semana Santa. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de abril de 2020

Semana Santa parte 5

Para hoxe propoño unhas actividades tamén con ovos de percepción visual e memoria.
O típico xogo de memory:
Podedes debuxar ou imprimir a última folla do descargable que sae pinchando na imaxe. Recortas. E colocamos todas as imaxes hacia abaixo. Logo imos levantando por quendas de 2 en 2. Gaña o que máis imaxes iguaus consiga.
Tamén se pulsades aquí hai outra versión.

Podemos xogar ao espía:
 
Consiste en contar cantas veces aparece cada debuxo.

Como podedes observar estas ideas foron tomadas de www.creaina.com

venres, 10 de abril de 2020

Semana Santa parte 4

Os xogos de hoxe teñen por obxectivo traballar a lectoescritura:
Para identificar a maiúscula coa minúscula.

Para identificar a letra coa son.

E facer simetrías, recordades? completar o debuxo da outra metade imitando.

xoves, 9 de abril de 2020

Semana Santa parte 3

Xa é venres moito ánimo que o estades facendo moi ben.
Hoxe imos facer xogos con números.
* Neste xogo temos que marcar unha pinza cantos ovos hai en cada cesta. Pulsa aquí para descargar.
*Agora toca unir cada coello coa súa cenoria. identificando as figuras xeométricas. Descarga aquí.
* Unimos cada ovo coa cantidade correspondente.
Podemos descargar outro aquí. É suficiente facer ata o 6.
* Continuar as series ou facer a nosa propia, con debuxos, obxectos,...




mércores, 8 de abril de 2020

Semana Santa parte 2

Que vos parece se hoxe decoramos mandalas?
Os mandalas teñen múltiples beneficios, pois axuda a potenciar a atención e a concentración.
Ao tratarse de debuxos que repiten un patrón, debemos decorar cada parte dunha cor. Así que tamén  fomenta a paciencia, pois colorear un mandala require tempo e tranquilidade. Podemos favorecer o ambiente cunha música tranquila e relaxante.


luns, 6 de abril de 2020

Semana Santa parte 1

Bo día, comeza as vacacións de Semana Santa e como nadie me dixo que NON. Aquí estou toleándo con más propostas.
Xa que estamos en vacacións a de hoxe é unha proposta festiva relacionada con esta época do ano.
A primeira sería decorar ovos, primeiro é mellor baleiralo ou cocelo. Para baleiralo temos que facer así:
Para decoralo podemos utilizar pintura, cintas illantes, papeles... hai unha chea de exemplos na rede.

Unha vez rematados e secos podemos xogar a agochalos nunha habitación, na sala, ou en toda a casa. Podedes pasar un día divertido.
Recordade que quero ver o que facedes. Son moi curiosa.