Recopilo aquí algunhas actividades e material que aparece no blog: https://marquirell.blogspot.com/ e que nos pode servir para traballar a lóxico-matemática como facemos na aula, pois non é só repasar os números se non tamén interiorizalos e entender o que significan: van asociados a unha cantidade.
Se facedes clik na imaxe, iredes directamente a un pdf, onde hai vídeos e actividades para ir facendo.Estas actividades son para ir facendo como moito 2 cada día.
Contidos como a subitización (dicir canto hai sen necesidade de contalo) é importante traballalo todos os días. Podemos facelo con esta presentación ou poñendo determinada cantidade de elementos para dicir o número correspondente. No documento anterior tamén tedes outras opcións. Os números máis baixos poderán dicir o número sen problema, nos máis altos se se equivocan contarán por orde e dirán cantos hai. Podedes practicar con este vídeo:
recurso de http://trabajandoenedinf.blogspot.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario