Páxinas

luns, 16 de marzo de 2020

ACTIVIDADES A REALIZAR: COMO ESCOLLER

Seguro que atoparedes miles de iniciativas en internet de cousas que facer como a de Retumban Risas:
 


Eu déixovos as miñas orientacións para escoller e como facelas.


Como vos dixen é importante escoller o que facer e poñer un tempo limitado, para evitar que o neno ou nena se aburra. E podemos parar cando rematemos de facelo, dependerá do que sexa. Por exemplo, se a actividade é facer unha receita de cociña será mellor rematala, se é xogar ás construcións será mellor poñer un tempo e que se quede con ganas de volver a xogar outro día.
Tamén creo que pode ser interesante deixarlle escoller a que quere xogar, pero que non cambie de xogo. Pode estar 20 minutos xogando tranquilamente cos crebacabezas e cando pase ese tempo xogar con outra cousa.

Cada familia terá que adaptarse e marcar no horario que fará e indicar con quen e onde. Haberá cousas que poda facer so na súa habitación, outras coa nai na cociña, outras co/a irmá/n no salón,... Todos temos que ter o noso tempo, para descansar, ler, ver algo interesante, traballar,...

Veña... despois deste rollo preparo as actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario