Xurde da necesidade de organizar as actividades para o tempo que imos permanecer nas casas.
Páxinas
▼
domingo, 20 de decembro de 2020
mércores, 16 de decembro de 2020
martes, 15 de decembro de 2020
xoves, 3 de decembro de 2020
martes, 1 de decembro de 2020
CALENDARIO DE ADVENTO
CADA DÍA DESCUBRIREMOS UNHA NOVA SORPRESA.
luns, 2 de novembro de 2020
CANCIÓNS DAS RUTINAS
CADA DÍA COMEZAMOS AS RUTINAS COAS SEGUINTES CANCIÓNS. IREMOS ENGADINDO, ELIMINANDO OU CAMBIANDO SEGUNDO O QUE FAGAMOS NA AULA:
SAÚDAMOS: BOS DÍAS
OS DÍAS DA SEMANA
OS NÚMEROS
O ABECEDARIO
OS MESES DO ANO
luns, 15 de xuño de 2020
Semana do 15 ao 19 de xuño de 2020
Bo día.
Chegamos ao final deste particular curso. O primeiro é dar os parabéns a todos/s: familias, profesorado e especialmente, ao alumnado. O reto non era nada doado pero soubemos estar á altura. Despois de estar parte do curso separados/as, queremos que esta última semana de traballo supoña un encontro de novo. Deste xeito, e sendo conscientes do cansos/as que xa nos atopamos, a proposta de traballo será conxunta para todo o alumnado do centro e consistirá en participar en un, dous ou tres dos paneis propostos.
Utilizaremos a aplicación Padlet, que permite presentar e compartir contido de maneira moi doada nun panel común. Hai tres opcións:
1.- Día da bicicleta. O vindeiro mércores 17 celebrariamos o día da bicicleta. Pois que mellor que facelo visible saíndo ese día a dar unha volta e se é posible coa camiseta da carreira do magosto deste curso. Pódese subir ao panel compartido calquera cousa relacionado con este día: foto, vídeo, texto, ligazóns; tanto noso, como relacionado co mundo da bicicleta.
https://padlet.com/ceipdocaminhoingles/diadabicicleta
2.- Descenso do Carboeiro. O 19 de xuño estariamos facendo o II Descenso do Carboeiro. Propoñemos facer un panel compartido onde cada quen poida subir o seu prototipo de embarcación. Nun debuxo, vídeo, fotografía... Como se queira. O importante é a imaxinación.
https://padlet.com/ceipdocaminhoingles/IIdescensocarboeiro
3.- Fin de curso. Despois deste curso tan atípico, trátase de subir a este panel o que consideremos oportuno. Pensamentos, imaxes, vídeos, ligazóns sobre o confinamento, o traballo en casa, o verán ou os propósitos para o vindeiro curso.
https://padlet.com/ceipdocaminhoingles/findecurso2020
Todo se pode facer identificado co nome e curso ou de maneira anónima. Tamén existe a posibilidade de comentar o contido do resto. Como vedes, vale calquera cousa con tal de sentir como facemos outra vez cousas en común. Tedes un titorial por se dubidades á hora de utilizar a aplicación, pero é moi doada.
Moito ánimo para esta última semana de traballo do curso.
O profesorado.
luns, 8 de xuño de 2020
SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO
Bo día, como vos levantástede hoxe? Temos que animarnos, xa só nos quedan 2 semanas, e despois teredes o tan desexado e merecido descanso.
Os retos desta semana comezan a ser unha despedida, estamos na primaveira, pero antes do que pensamos volverá o verán.
Acabouse o de poñer a calefacción, e que experimento podo propoñer coa calor?? xa sei:
Para facer este experimento precisas:
- Unha candea (pequena)
- Auga
- Mistos ou un acendedor
- 2 recipientes (un prato fondo e un vaso transparente alto)
Procedemento: coloca a candea no medio do prato e rodeaa con auga, Pídelle a un adulto que prenda a candea. Deixa que o adulto coloque un vaso boca a baixo cubrindo a candea. E observa o que pasa.
Recorda: non é maxia é ciencia.
A primaveira é a estación das flores e as flores son de moitísimas cores. Cal é a túa cor preferida? A miña e a cor VERDE.
Unha vez que busques por toda a casa obxectos/xoguetes da túa cor preferida. Escolleras un lugar plano e de unha cor soa, por exemplo unha mesa. Intentarás distribuilos facendo un cadrado, e evitando que queden todos xuntos. Mira exemplos para inspirarte:
Deixade que o fagan, cando pensen que está ben será o momento de sacar a foto, se pensades que poden mellorar, podedes suxerir cambios, pero que sexan eles os que decidan se facelos ou non. A vosa tarefa é supervisar.
Os calcetíns máis gordos xa non os vas a volver a usar, despídete deles con este xogo.
Colle varias parellas de calcetíns, non só teus podes coller algún de mamá e papá. Separaos todos e:
- Cantos hai en total?
- A ver se eres capaz de emparellalos, cantas parellas hai?
- Volve a desparellalos, mesturaos. Podeos ordealos de maior a menor? e de menor a maior?
- Que che parece se facemos series. Inventa un patrón e colocaos.
- Para recollelos, volve a emparellados e dobraos, pregunta á teu pai ou túa nai como se gardan e intenta dobralos.
Fai fotos de todas as actividades, podes propoñerte facelo no menos tempo posible. Fai unha carreira co teu irmá/n/pai/nai/avó/avoa...
É momento de gardar algunhas cousas que non imos utilizar. Pero antes de gardalas imos comprobar se recordas como se chaman e para que sirven?
Vas a necesitar algo de tempo, así que fai todo o que teñas que facer antes (beber, comer, ir ao baño,...) colócate tranquilo, e observa. Que é? Como se chama? Para que serve? Cóntamo como se eu estivese ahí. Agradecería que me enviárades un audio, para comprobar como foi a súa evolución.
luns, 1 de xuño de 2020
SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO
Esta semana imos continuar cos piratas. Haberá un pouco de todo, a ver que vos parece?
Gustaríache ser un bo/boa pirata? Demostrade que vos tamén o podedes ser.
Daniela tivo que superar 7 probas, esta vez ti, só terás que superar 4 así que esfórzate.
Neste xogo poderas pescar un montón de peixes. se fas click na imaxe irás ao xogo directamente. Recorda que só podes coller os peixes que aparecen arriba á dereita. Fíxate ben, e anota cantos puntos conseguiches.
Enfróntate á gran serpe de escuma.
Para facela precisarás: auga, deterxente líquido (tipo fairy), unha botella de plástico baleira, unha goma, un bol/bañeira, unha tela grosa/calcetín, se che queda colorante podes utilizado, pero non é necesario.
Para ver como hai que facer, mira os seguintes vídeos, tamén podes facer click nas imaxes e irás a enlaces onde o explican.
Como 3º reto tes que chegar á illa do tesouro. E para iso tes que pensar nos números. Só terás que concentrarte un pouco e xa verás como chegas.
Se che apetece tamén podes utilizar este recurso que atopei sobre piratas:
Necesitarás o adobe flash e pode que non funcione en algúns dispositivos.
E para rematar:
Se queres ser un/ha gran pirata tes que buscar un nome terrorífico é orixinal, escoita con atención os exemplos dos nomes que aparecen no conto Daniela Pirata. E pensa mentres fas o boneto dun pirata:
O teu barco tamén pode ter nome. Pensa nel mentres coloreas o barco. Xa o tes pensado?, pois fai un debuxo no que aparezas ti máis o teu barco pirata e escribe os nomes dos dous.
Non esquezades mandarme fotos do que estivéstedes facendo.
Moitas gracias pola vosa colaboración.
Para rematar se che apetece podes facer este grupo de tarefas impresas.
luns, 25 de maio de 2020
Semana do 25 ao 29 de maio
Polo que puden ver a semana pasada, todos e todas temos moitas ganas de piscina e de praia. A verdade e que co tempo que fixo eu tamén teño moitas moitas gañas.
Esta semana imos a facer varios retos relacionados cos PIRATAS:O primeiro reto consiste en escoitar un conto para aprender un pouco más sobre os piratas:
No seguinte vídeo aparece animais mariños, antes de que cambie tes que dicir cantos hai.
Preparado, listo, xa....
Xogamos ás carreiras? a ver que fai chegar antes o seu barco ao outro lado?
Con esta actividade traballaremos o sopro, tan importante para a tonificación dos músculos da boca que interveñen na fala. Pode que algúns non o teñan adquirido e boten máis saliva que aire, pois se trata de practicar con xogos.
Se vedes que non funciona podedes construír de forma moi sinxela este aparatiño que lles pode facer gracia e que sirve para mover os papeis e comprobar como é o seu sopro.
Como vedes precisaredes é un vaso de plástico transparente para ver como se moven (se non tedes podedes utilizar un de cristal pero para utilizalo con supervisión), papel film, unha goma, unha palliña, e o máis importante papeliños de cores, paillets,... (teñen que ser pouco pesados para que se movan co sopro).
O típico xogo de facer pompas tamén é moi útil.SE NON O PODER VER, FAI CLICK AQUÍ
OUTRAS ACTIVIDADES DE PIRATAS POR SE VOS APETECE:
PREFIRES ACTIVIDADES IMPRESAS? FAI CLICK AQUÍ
luns, 18 de maio de 2020
Semana do 18 ao 22 de maio
Imos a por outra semana. Agora si que parece que estamos na primavera, podemos gozar do sol e dun paseíño ao aire libre para sentirlo. Por iso, esta semana os retos terán que ver co sol.
Imos a por eles:
No primeiro reto veremos a importancia de usar unha crema co factor solar axeitado. Para o precisaremos unha cartolina negra e crema con factor de protección e por suposto un lugar donde durante bastante tempo haxa sol, e sol (iso non depende de nós).
Doblamos a cartolina á metade, e botamos crema nunha das partes, que extenderemos. E deixaremos ao sol bastante tempo.
Fotos de dosprofesenapuros.com
Que pasou? Observades? O mércores faremos unha videoconferencia e poderedes ensinarmo.
Unha maneira de pasar o tempo e divertirse é xogando ás cartas. Traballaremos o recoñecemento dos números, a subitización, a concentración,... en definitiva conceptos lóxico-matemáticos.
Esta semana propoño 2, pero me gustaría saber a que xogas ti coas cartas. Xóganse con baralla española, pero se tes a francesa tamén podes xogar só terás que adaptalos.
O "cú cagado" consiste en poñer todas as cartas boca abaixo, e ir levantando unha a unha e por quendas ata atopar o As de Ouros. As que se van levantando poderemos retiralas. Quen levante esa carta, ten o cú cagado😆😆 e perde.
O "burro de contar" repártese toda a baralla entre os xogadores, gaña o que quede sen cartas máis rápido. Por quendas, trátase de ir botando unha carta ao montón e contar en alto 1, 2, 3... sota, cabalo e rei. Se ao botar unha carta coincide co que dí, ten que coller todo o montón e comeza outra vez.
Xunta co queres facer a torre, e con moita delicadeza intenta facela o máis alto posible. Cando a teñas rematada podes debuxala e anotar cantas pezas utilizaches e canto mide (para iso precisaremos un metro e axuda). Podes subir as fotos no seguinte panel.
Recrea no chan o que che gustaría facer un día de sol. Deixa que teu pai ou túa nai che saquen unha foto, e veremos que pasa.
Súbeas ao padlet.
Fotos do CRA A PICARAÑA
Imos comezar coa conciencia fonolóxica. Intentar "adiviñar"/ser conscientes de que letras levan cada palabra. Comezamos polas vogais.
A continuación vou a colgar 3 fichas interactivas que poden facer na tablet, ordenador ou móbil, ao rematar pulsar TERMINADO. Aparecerán dúas opcións, da que tedes escoller "enviar las respuestas a mi profesor". Só teredes que escribir o nome, a miña dirección de correo electrónico e xa me chegan directamente.
(Hai moitas fichas nesta aplicación, preferiría que non fixérades máis que as que propoño, para non saturar ao nenos/as e deixar os recursos para cando sexa o momento axeitado. Gracias).
Une cada vocal con la palabra por la que empieza, una ficha interactiva de MariadelMarMolina
Discriminación a-o inicial, una ficha interactiva de isdifer1961
Para os que non teñan a opción de poder facelas online, ou prefiran ter algo impreso, deixo unhas aquí para descargar.
Se ten dificultades para distingulas probade co seguinte vídeo:
Que teñades unha boa semana.
domingo, 17 de maio de 2020
sábado, 16 de maio de 2020
Carboeiro Escolar
O venres decidimos en claustro, seguir adiante coa revista Carboeiro Escolar. Precisamos que nos envíedes unha foto, na que saían ben guapos/as, de formato carnet (de hombreiro para arriba) co fondo en branco. Podedes envíala ao meu correo.
Moitas gracias outra vez pola vosa colaboración. Non facemos máis que pedir.
martes, 12 de maio de 2020
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS II
A semana pasada comezamos coa celebración do día das letras galegas. Este ano adicado a RICARDO CARVALHO CALERO:
Como vos contei a semana pasada na aula virtual do cole temos algúns recursos. Para esta semana coloco aquí accesos ás dúas actividades en liña (para as que fai falta adobe flash, polo que ao mellor non funcionan en todos os ordenadores) do seminario Galán:
(fai click na imaxe)
(fai click na imaxe)
Unha gran amiga miña e compañeira de profesión fixo esta presentación tipo escape room, agardo que disfrutedes con ela:
luns, 11 de maio de 2020
Semana do 11 ao 15 de maio
Esta semana é xusto anterior ás Letras galegas, polo que os retos desta semana terán que ver dalgún modo cunha poesía de Ricardo Carvalho Calero. Comezamos:
Xa deberíates ter o trociño que lle toca ao voso/a pequeno/a no correo, se non o tedes poñédevos en contacto conmigo a través do correo.
Deberán practicar varias veces, intentando entonar, envíade o audio coa mellor versión.
Para este reto tes un arquivo que verás se fas clik aquí. Se podes imprimilo xenial, senón podes copiar parte do poema, sempre en maiúsculas.
Para debuxar, mellor poden facer un boceto co lapis e despois repasar coa pintura. Para ver o que medra, podedes experimentar un pouco primeiro.
Recordade poñer o nome mellor cun rotulador.
Con audio do primer reto e coa foto deste farei un vídeo, que farei público o día 17.
Para conmemorar que xa estamos no mes de maio, e aproveitando que xa podemos saír un pouco da casa propónovos:
MARÍA SILÉNCIO
Cabeleira de chúvia, ollos de néboa.
Maria Siléncio, esfarrapada, à espreita.
Sempre agardando, pola noite, as barcas.
A tua angúria fala con olladas.
Maria Nocturna: no peirán ¿qué esperas?
¿polo dia non vives?
¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela?
Maria Siléncio, sempre dura e muda...
¿Cál é a barca que agardas?
Das fontes dos teus ollos
fluen rios de sono.
Pero ti sempre dura e desvelada,
batida polo vento, no peirán...
Maria Siléncio, eu roubaria
no ceu
a estrela de mel,
na água
a estrela de prata,
pra che mercar a fala.
Se queres ulir flores,
darei-che a flor da lua.
Maria do Mar, ¿qué barca agardas?
¿Queres o sol, carne de lua fria?
O sol é un porco-espiño disfarzado.
No mar agora, ourizo de mar, dorme.
Pescado pola cana do abrente,
darei-cho eu, raiolante e mollado.
¡Maria Siléncio, Voz Dormida: fala!
¿A qué afogado esperas,
Maria da Sombriza Espranza?
Maria Siléncio, ¿aagardas a tua voz?
¿As ondas do mar levado roubaron-cha?
De chúvia e vento vestida,
Maria Siléncio, calada...
Carvalho Calero, Ricardo (1980) Pretérito Imperfeito (1927-1961) (A Coruña: Ediciós do Castro)
E se a escoitamo en canción: fai click aquí. É unha versión de Fanny e Alexander.Xa deberíates ter o trociño que lle toca ao voso/a pequeno/a no correo, se non o tedes poñédevos en contacto conmigo a través do correo.
Deberán practicar varias veces, intentando entonar, envíade o audio coa mellor versión.
Para este reto tes un arquivo que verás se fas clik aquí. Se podes imprimilo xenial, senón podes copiar parte do poema, sempre en maiúsculas.
Para esta pintura de relevo de secado rápido necesitaremos o forno microondas. Mesturamos 130 gr de fariña con 3 cucharaditas de fermento químico (tipo Royal), 1 cucharadita de sal fino e a cantidade necesaria de auga para formar unha pasta coa consistencia da mestura das tortitas americanas. Separámola en partes e tinguimos cada unha da cor desexada con colorantes alimenticios.
Para pintar con ela deberán facelo sobre papel groso ou cartón (o papel normal humedécese moi rápido), usando pinceis, biberóns de salsas, ou poñendo a mestura en bolsas e cun buratiño na punta.
Cando rematemos de debuxar poñemos a folla dentro o forno microondas e cocémola uns 30-40 segundos, veremos como a pintura se infla no forno mentres se vai cocendo. Para saber se xa está listo o debuxo en relevo, a pintura debe estar seca
Recordade poñer o nome mellor cun rotulador.
Con audio do primer reto e coa foto deste farei un vídeo, que farei público o día 17.
Para conmemorar que xa estamos no mes de maio, e aproveitando que xa podemos saír un pouco da casa propónovos:
Ensinádelle exemplos do que hai que facer. Aproveitade unha saída e recollede materiais naturais por fóra, trociños de madeira, piñas, follas, flores, herbas, froitas, e facede a vosa composición. non ten porque ser tipo escultura pode ser plana. Deíxade que os nenos experimenten, coloquen, xunten, refagan,... e que vos avisen cando o teñan listo, nese momento será cando lle podedes sacar unha foto. preguntádelle se lle gusta, se pensan que o poderían facer mellor, se lles gustaría modificar algo, se pensan que falta algo, se están cansos, ou se polo contrario queren seguir facendo...
Temos que ir iniciando o espíritu crítico e tamén unha iniciativa creativa, non é copiar, teñen que crear. Por iso é interesante ensinarllos antes, para que busquen materiais que poden precisar, pero non xusto antes de poñerse a facelo.
Se están bloqueados e non saben por onde comezar, entón é o momento de axudarlles ir colocando o material, en círculo, cuadrado e logo enchelo, por exemplo. Desfacémolo e que o intenten, se seguen amosándose inseguros sempre hai que halagar o que están facendo. Todo vale, porque do erro sempre se aprende.
Agardo que disfrutedes con estos retos. Esta vez teredes que enviarme as fotos ao meu correo. Graciñas.