Páxinas

luns, 11 de maio de 2020

Semana do 11 ao 15 de maio

Esta semana é xusto anterior ás Letras galegas, polo que os retos desta semana terán que ver dalgún modo cunha poesía de Ricardo Carvalho Calero. Comezamos:



MARÍA SILÉNCIO

Cabeleira de chúvia, ollos de néboa. 
Maria Siléncio, esfarrapada, à espreita. 
 Sempre agardando, pola noite, as barcas. 
A tua angúria fala con olladas. 
 Maria Nocturna: no peirán ¿qué esperas? 
¿polo dia non vives? 
¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela? 
 Maria Siléncio, sempre dura e muda... 
¿Cál é a barca que agardas? 
 Das fontes dos teus ollos
 fluen rios de sono. 
Pero ti sempre dura e desvelada, 
batida polo vento, no peirán...
 Maria Siléncio, eu roubaria 
no ceu a estrela de mel, 
na água a estrela de prata, 
pra che mercar a fala. 
 Se queres ulir flores, 
darei-che a flor da lua. 
Maria do Mar, ¿qué barca agardas? 
¿Queres o sol, carne de lua fria? 
O sol é un porco-espiño disfarzado. 
No mar agora, ourizo de mar, dorme.
Pescado pola cana do abrente, 
darei-cho eu, raiolante e mollado. 
 ¡Maria Siléncio, Voz Dormida: fala! 
 ¿A qué afogado esperas, 
Maria da Sombriza Espranza? 
 Maria Siléncio, ¿aagardas a tua voz? 
¿As ondas do mar levado roubaron-cha? 
De chúvia e vento vestida, 
Maria Siléncio, calada...

 Carvalho Calero, Ricardo (1980) Pretérito Imperfeito (1927-1961) (A Coruña: Ediciós do Castro)
E se a escoitamo en canción: fai click aquí.  É unha versión de Fanny e Alexander.
Xa deberíates ter o trociño que lle toca ao voso/a pequeno/a no correo, se non o tedes poñédevos en contacto conmigo a través do correo.
Deberán practicar varias veces, intentando entonar, envíade o audio coa mellor versión.


Para este reto tes un arquivo que verás se fas clik aquí. Se podes imprimilo xenial, senón podes copiar parte do poema, sempre en maiúsculas.



Para esta pintura de relevo de secado rápido necesitaremos o forno microondas. Mesturamos 130 gr de fariña con 3 cucharaditas de fermento químico (tipo Royal), 1 cucharadita de sal fino e a cantidade necesaria de auga para formar unha pasta coa consistencia da mestura das tortitas americanas. Separámola en partes e tinguimos cada unha da cor desexada con colorantes alimenticios. 
Para pintar con ela deberán facelo sobre papel groso ou cartón (o papel normal humedécese moi rápido), usando pinceis, biberóns de salsas, ou poñendo a mestura en bolsas e cun buratiño na punta.
Cando rematemos de debuxar poñemos a folla dentro o forno microondas e cocémola  uns 30-40 segundos, veremos como a pintura se infla no forno mentres se vai cocendo. Para saber se xa está listo o debuxo en relevo, a pintura debe estar seca
  


Para debuxar, mellor poden facer un boceto co lapis e despois repasar coa pintura. Para ver o que medra, podedes experimentar un pouco primeiro.
Recordade poñer o nome mellor cun rotulador.

Con audio do primer reto e coa foto deste farei un vídeo, que farei público o día 17.

Para conmemorar que xa estamos no mes de maio, e aproveitando que xa podemos saír un pouco da casa propónovos:






Ensinádelle exemplos do que hai que facer. Aproveitade unha saída e recollede materiais naturais por fóra, trociños de madeira, piñas, follas, flores, herbas, froitas, e facede a vosa composición. non ten porque ser tipo escultura pode ser plana. Deíxade que os nenos experimenten, coloquen, xunten, refagan,... e que vos avisen cando o teñan listo, nese momento será cando lle podedes sacar unha foto. preguntádelle se lle gusta, se pensan que o poderían facer mellor, se lles gustaría modificar algo, se pensan que falta algo, se están cansos, ou se polo contrario queren seguir facendo... 
Temos que ir iniciando o espíritu crítico e tamén unha iniciativa creativa, non é  copiar, teñen que crear. Por iso é interesante ensinarllos antes, para que busquen materiais que poden precisar, pero non xusto antes de poñerse a facelo.
Se están bloqueados e non saben por onde comezar, entón é o momento de axudarlles ir colocando o material, en círculo, cuadrado e logo enchelo, por exemplo. Desfacémolo e que o intenten, se seguen amosándose inseguros sempre hai que halagar o que están facendo. Todo vale, porque do erro sempre se aprende.

Agardo que disfrutedes con estos retos. Esta vez teredes que enviarme as fotos ao meu correo. Graciñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario