Páxinas

venres, 3 de abril de 2020

INICIACIÓN Á LECTOESCRITURA: ACTIVIDADES V

A QUE SABE A LÚA?
É un dos contos preferidos de todo infantil.  E así nolo conta Bea Campos en Kalandraka.tv
Fai clic na imaxe
Canción en castelán

A partir dos contos que máis lles gustan podemos traballar a atención, a comprensión, a expresión oral, a expresión corporal, a creatividade, a adquisición de novo vocabulario,...
A proposta para hoxe é variada dende falar do conto, inventar un novo título, inventar outro final, engadir animais, a que che sabe a ti a lúa? ...(expresión oral/creatividade) ata dramatizar o conto e poñer xestos, caras a cada unha das situacións que van pasando (expresión corporal/creatividade). Imitar ao animal que che toque nun dado ou nunha roda:
 
E por suposto, algunha actividade escrita que sempre solicitades:
- Debuxar por orde os animais:
- actividades impresas
- Unir cada animal coa súa sombra

- Crear os animais con pegadas da man

Ningún comentario:

Publicar un comentario