mércores, 1 de abril de 2020

EXPERIMENTO: AUGA QUE NON CAE

Imos con outro experimento recordade facer énfase en:
- o material necesario
- ler con axuda dun adulto as indicacións
- facer unha hipótese: supoñer o que vai suceder
- con axuda dun adulto seguir as instrucións
- observar o que sucede
- sucede o que pensábamos? buscar unha explicación.
AUGA QUE NON CAE
MATERIAIS:
- auga
- 1 vasos
- 1 papel, cartolina,... o suficientemente grande para tapar a boca do vaso
- unha bandexa por se algo sae mal

INDICACIÓNS:
Enchemos o vaso de auga ata arriba de todo, poñemos un papel na boca do vaso. Suxetando o vaso cunha man e o papel coa outra damoslle a volta. Saca a man do papel.
Que pasa? se cae a auga algo estamos facendo mal.
Ver o vídeo:
Podes repetilo cada vez con menos auga a ver se sucede o mesmo, e ata que punto xa non funciona.
Recordade: non é maxia é ciencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario