Páxinas

xoves, 2 de abril de 2020

Coordinación óculo-manual: pinzas de xeo

Podemos probar a trasvasar con culler ou pinzas (coas do xeo, por exemplo) a pasar garavanzos, pedras, fabas, grans de millo... de un vaso a outro.
Ou facer exercicios de grafomotricidade, primeiro cun lápis /rotular/tiza... e despois con diferentes obxectos como os de antes.
Tamén con diferentes obxectos, por exemplo cos de antes pedras, fabas, grans de millo... e utilizando as pinzas colocar tantos como o número que aparece.

Estes exercicios favorecen o control progresivo dos movementos dos dedos e das mans, e son causa directa do control da motricidade fina. A motricidade fina é unha parte esencial do desenvolvemento dos máis pequenos/as e comprende todas aquelas actividades que implican precisión, un alto nivel de coordinación óculo-manual, unha forza controlada e unha boa concentración. O seu dominio ademais será fundamental para a adquisición de determinadas habilidades e aprendizaxes posteriores como a escritura.
Non é sinxelo controlar a presión que teñen que facer na pinza e coordinar os movementos.
Xa me ensinaredes como lles vai!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario