Páxinas

luns, 27 de abril de 2020

Semana do 27 de abril ao 1 de maio

Ánimo que esta semana é cortiña, e moitos xa poderedes ir a pasear un pouquiño. 
Para esta semana poñemos 4 retos.
Deste reto non hai que enviar nada, só disfrutar dun pouco menos de ruido.

Podedes ir á páxina do cole e escoitar os primeiros programa desde curso:
(Se fas clic na imaxe irás ao lugar onde están, para poder escoitalos)
Se hai algún con bo son e contido pode que nolo publiquen.
Tamén animamos aos avós e avoas que nos conten algunha historia. A única condición e que ten que ser de 1 minuto (segundo arriba segundo abaixo)



Ben sinxelo, non? Recorda escribir de quen é e para quen é. Facemos como a semana pasada, subímolo na aplicación que segue:

Hecho con Padlet
Para engadir contido só hai que pulsar no signo máis rosa e buscar a foto, vídeo,... que se quere engadir.
Ese debuxo será un agasallo para a túa nai.


Imaxes atopadas na rede: http://www.3ways2teach.com/


Podes subir as fotos desta proposta na aplicación de arriba.
Gozade da semana.

luns, 20 de abril de 2020

Propostas semana do 20 ao 24 de abril

Comezamos hoxe o 3º trimestre!
Imos estrear unha nova maneira de facer as propostas ou retos que agardo que vos guste. As propostas serán como máximo 5 e abarcarán todos os ámbitos de aprendizaxe. Recordade que ademais haberá as propostas inglés (https://englishlittleones.blogspot.com/), de música e xogando e falando cos números.
Deste xeito seredes vós quen vai planificar o traballo en función do tempo que podedes adicar aos vosos fillos/as. Como por agora son moi pequenos sempre van a precisar do voso apoio e axuda.

Unha vez realizado o reto desta semana, sacádelle unha foto 📸 ou vídeo e subídea ao programa Padlet, que nos servirá para compartir con todos e todas as actividades feitas na casa, se vos apetece, e tamén para ver as dos demais.
É moi doado: Clicade na imaxe que segue e accederedes a un panel. Clicade no símbolo + de cor rosa (abaixo á dereita) e abrirase o voso espazo para subir a foto. Clicade no símbolo da frecha ↥ para acceder ao voso arquivo. Elixides a foto e listo!! Xa tedes a vosa foto no panel, onde compartiremos e veremos todas as nosas creacións!
Só é para colgar actividades desta semana
Tamén podedes seguir enviándome as fotos, vídeos... por correo electrónico.
Hecho con Padlet
Para comezar ímolo poñer sinxenlo e só será 1 reto.

1º Imos crear un libro coa nosa inicial (se che gusta podes facelo coa inicial do nome da túa nai/pai/irmá/irmán....). O día 23 é o día do libro, así que mellor forma de celebralo que facendo o noso propio.
A idea é crear algo bonito con esa letra un libro en forma de letra nunha páxina podes recortar e pegar letras do teu nome, noutro debuxar cousas que comezan por esa letra, noutra escribir nomes que teñan a mesma inicial, notra contar o número de letras que ten o teu nome e escribir palabras co mesmo número, numera as páxinas, debúxate,... Imaxina, inventa e crea
Con esta actividade xa estamos traballando: a coordinación óculo-manual, a iniciación á lecto escritura, o gusto polas actividades plásticas,...
Cando sexa o momento de volver á escola recorda traer o libro

sábado, 18 de abril de 2020

A bailar!

A proposta para bailar hoxe é unha das que máis triunfa na clase. E a canción preferida de algún de vós:

venres, 17 de abril de 2020

EXPERIMENTO: os lapiceiros máxicos

Xa fai tempo que non propoño un experimento. Hoxe toca... e seguimos coa auga, así que preparádevos para mollarvos un pouquiño.
Recordade que temos que face énfase en:
- o material necesario
- ler, con axuda dun adulto, as indicacións
- facer unha hipótese (supoñer o que vai suceder)
- con axuda dun adulto, seguir as instrucións
- observar o que sucede
OS LAPICEIROS MÁXICOS
MATERIAIS:
- auga
- 1 bolsa de plástico
- 2 ou 3 lapiceiros, bolígrafos, rotuladores,...
- unha bandexa por se algo sae mal
INDICACIÓNS:
Enchemos a bolsa de auga, e pechámola. Con decisión e un pouco de forza, atravesa a bolsa coa punta do lapis. Se á primeira sae ben intentao con máis.
Ver o vídeo:
No vídeo xa nos explican que non É MAXIA É CIENCIA. Todo isto sucede polas partículas coas que está fabricada a bolsa de plástico. Se os quitades, comezará a saír a auga.

xoves, 16 de abril de 2020

Coordinación óculo-manual: pinzas da roupa

Que vos parece se volvemos cos xogos para traballar a prensión, a forza nos dedos, a psicomotricidade fina,... en definitiva todo o que despois nos vai a axudar a ter unha mellor presión do lapis.
Propoño diferentes xogos. 
- Axudar a tender a roupa, ou tender a dos bonecos...
- Colocar pinzas nun recipiente, podemos contar cantas poñemos, podemos poñer en orde as que xa tedes escritas, podemos facer unha serie coas cores,... ou xogar a ver que en 1 minuto e capaz de poñer máis... todo depende do que inventedes. Se o facedes divertido ademáis de favorecer todo o que dixen, estarede pasando un bo rato.
- O mesmo en gomas do pelo, pinzas, papel de cores,... neste caso están discriminando as cores. Cantas pinzas collen? Cántas pinzas teño en total? podedes utilizalas para repasar a subitización,...
- Tamén podemos poñelas nunha corda, e facer un collar como vedes hai moitas maneiras de colocalas. A ver que fai un ben bonito?
Xa me contaredes que tal... 

mércores, 15 de abril de 2020

LÓXICO-MATEMÁTICA: ACTIVIDADES V

Para traballar a psicomotricidade fina e máis a identificación dos número e cores, podemos imprimir algúns debuxos para colorear según o código:
Se fas clic na imaxe atoparás máis.
Tamén podemos debuxar seguindo a orde dos números:
Se fas clic na imaxe atoparás máis.

Xa só nos quedan as actividades do 3 que aínda non comezamos na clase.

martes, 14 de abril de 2020

ACHEGAMENTO Á ARTE: JOAN MIRÓ III

Miró tamén fixo esculturas, murais de cerámica, ...
Mujer y pájaro, Barcelona
La caricia de un pájaro
Estatuas de la Defense, Paris.
El muro de la luna, Edificio de la Unesco, Paris
El muro del sol, Edificio de la Unesco, Paris
Que vos parecen? As esculturas poderían saír de calquera dos seus cadros verdade.
Pois intentamos facer algunha?
Utilizaremos material de refugallo, plastilina, cartóns,... e sobre todo imaxinación.
 
Facendo recreacións, ou outras novas inspiradas na súa arte.
 
RECORDADE quero ver as vosas obras.

luns, 13 de abril de 2020

Semana Santa parte 5

Para hoxe propoño unhas actividades tamén con ovos de percepción visual e memoria.
O típico xogo de memory:
Podedes debuxar ou imprimir a última folla do descargable que sae pinchando na imaxe. Recortas. E colocamos todas as imaxes hacia abaixo. Logo imos levantando por quendas de 2 en 2. Gaña o que máis imaxes iguaus consiga.
Tamén se pulsades aquí hai outra versión.

Podemos xogar ao espía:
 
Consiste en contar cantas veces aparece cada debuxo.

Como podedes observar estas ideas foron tomadas de www.creaina.com

sábado, 11 de abril de 2020

A bailar!

É sábado... bailamos outro pouco?

venres, 10 de abril de 2020

Semana Santa parte 4

Os xogos de hoxe teñen por obxectivo traballar a lectoescritura:
Para identificar a maiúscula coa minúscula.

Para identificar a letra coa son.

E facer simetrías, recordades? completar o debuxo da outra metade imitando.

xoves, 9 de abril de 2020

Semana Santa parte 3

Xa é venres moito ánimo que o estades facendo moi ben.
Hoxe imos facer xogos con números.
* Neste xogo temos que marcar unha pinza cantos ovos hai en cada cesta. Pulsa aquí para descargar.
*Agora toca unir cada coello coa súa cenoria. identificando as figuras xeométricas. Descarga aquí.
* Unimos cada ovo coa cantidade correspondente.
Podemos descargar outro aquí. É suficiente facer ata o 6.
* Continuar as series ou facer a nosa propia, con debuxos, obxectos,...




mércores, 8 de abril de 2020

Semana Santa parte 2

Que vos parece se hoxe decoramos mandalas?
Os mandalas teñen múltiples beneficios, pois axuda a potenciar a atención e a concentración.
Ao tratarse de debuxos que repiten un patrón, debemos decorar cada parte dunha cor. Así que tamén  fomenta a paciencia, pois colorear un mandala require tempo e tranquilidade. Podemos favorecer o ambiente cunha música tranquila e relaxante.


martes, 7 de abril de 2020

ACHEGAMENTO Á ARTE: JOAN MIRÓ II

Miró ten moitísimas obras onde aparecen estrelas e ollos. Fixádevos:
Las constelaciones
Mujer en la noche
Pero tamén animais:
Mujer, pájaro y estrella.
Pájaros en el espacio


Queredes facer máis felices ás vosas obras, dádelle cor e inventade.

Como utilizaba un montón de figuras repetitivas, se tes 2 dados e un pouco de imaxinación crea o teu cadro, ten moitas cores a man, tiras os dados escolle un para ver en que fila tes que mirar e conta os puntiños se sumas 11 ou 12 podes escoller. Por exemplo, se me sae un 2 e un 5, eu escollo a fila co 2, conto os puntos 2+5=7 asi que tería que debuxar un ollo con 2 peliños ;).
Repetimos ata enchelo, e practicamos os números e comezamos a sumar sen enterarnos. Se nos cansamos seguimos noutro momento ou outro día.
Tamén propoño escribir o nome nome coas figuras típicas de Miró: