Páxinas

mércores, 25 de marzo de 2020

EXPERIMENTO: A AUGA VIAXEIRA

Sempre me gustou traballar en infantil cos experimentos, ensinarlles reaccións máxica cunha explicación lóxica. E amosarlles que moitas reaccións que xorden non son maxia senón ciencia.
Con esta premisa vou a propoñer algún experimentos sinxelos en onde será interesante facer énfase en:
- o material necesario
- ler con axuda dun adulto as indicacións
- facer unha hipótese: supoñer o que vai suceder
- con axuda dun adulto seguir as instrucións
- observar o que sucede
- sucede o que pensábamos? buscar unha explicación.

A AUGA VIAXEIRA
MATERIAIS:
- Auga
- 2 vasos
- cordel de algodón
- colorante (alimenticio, pintura,...)
- cinta adhesiva

INDICACIÓNS:
Colorear a auga. Encher un vaso coa auga coloreada e deixar o outro baleiro. Pegar un extremo do cordel ao fondo interior do vaso baleiro. Colocar o extremo libre do cordel na auga coloreada. Levantar o vaso con auga encima do outro, pero non na vertical sobre el. Mantelo o suficientemente lonxe para que o cordel estea tenso. Verter lentamente a auga do vaso superior sobre o cordel teso. Observar o que pasa. Meter todo o cordel en auga e repetir o experimento anterior. Observar o que pasa.
Ver o vídeo se hai dúbidas:
EXPLICACIÓN:
A primeira vez a auga cae na mesa e que na segunda vez, co cordel mollado, a auga deslízase polo cordel. Isto é porque no primeiro experimento as moléculas de auga son atraídas polo cordel e a adhesión non é tan forte como a gravidade que tira da auga cara abaixo, e molla a mesa. Pero ao volver facer o experimento despois de mollar o cordel en auga, as moléculas de auga non só son atraídas polo cordel, senón que tamén son atraídas polas moléculas de auga que hai no cordel mollado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario