Páxinas

martes, 31 de marzo de 2020

MATERIAL EDITORIAIS: VICENS VIVES

Esta vez trátase de VIVENS VIVES que tamén abre os seus recursos.
Se facedes clic no seguinte enlace:
https://www.vicensvives.com/vvweb/view/pages/p01/load.php?id=2786&lang=es
tedes acceso directo aos libros de infantil e primaria.
Escolledes infantil e poderedes acceder ao material que ofrece a editorial.
Son recursos. por se algún día estades aburridos e tedes tempo de curiosear.

ACHEGAMENTO Á ARTE: JOAN MIRÓ I

Imos co seguinte artista.
JOAN MIRÓ
Ímonos fixar nalgunhas das súas obras:
Pintura mural para Joaquim Gomis (1948)
La poetisa (1940)
Azul I (1961)
Igual que fixemos con Mondrian, fixarémonos no que teñen en común:
- formas
- cores
- sinatura
- ...
Despois de que eles falen e opinen sobre as obras podemos dar un pouco máis de información: Miró é un dos artistas máis importantes do século XX. Naceu en Barcelona, adicouse á escultura e á pintura. 

Utilizaba moitas formas nos seus cadros, xogamos a identificalas?
Tamén podes crear o teu cadro utilizando formas de cores


luns, 30 de marzo de 2020

A bailar!

Na aula poñíamos este vídeo para bailar un pouco e aprender algo en inglés.

LÓXICO-MATEMÁTICA. ACTIVIDADES IV

Sigo con propostas, hoxe son todas con pinzas da roupa, para traballar a subitización e a recta numérica.
Construímos unha recta numérica, ou imprimimos unha:
Na imaxe hai 3 pero con unha é suficiente, podemos escribir os números nas pinzas e colocalas por orde, primeiro polo lado que se ve o número da recta numérica e despois polo que non ten números como podedes ver na imaxe (con chegar ata o 10 é máis que suficiente, se vedes que é complicado ide pouco a pouco):
Para traballar a subitización con pinzas, collemos 6 e imos tirando unha cantidade aleatoria para que acerten. Tamén poden tiralas os nenos/as e dicir nós a cantidade e facer que erramos para ver se se dan conta.

domingo, 29 de marzo de 2020

MATERIAL EDITORIAIS: EDELVIVES

Bo día, a todos e todas agardo que sigades ben e que permanezades nas vosas casas sen saír. Xa levamos 2 semanas e queda menos para vernos.
Nesta publicación vou intentar recompilar algúns recursos en aberto de editoriais e que vos poden servir de axuda.
EDELVIVES
Apps de descarga gratuíta ata o 30 de xuño de Edelvives:
Para descargar as aplicacións a través da tablet ou o móbil, terás que acceder a Google Play de Android ou a App Store de IOS, e unha vez localizadas as aplicacións introduce CÓDIGO DE ACCESO: edelvives
No ordenador non fai falta código de acceso.

Para descargar esta Apps Rexístrate en Edelvives Digital: https://edelvivesdigital.com/
A aula creada no noso cole ten un código que é: AT3E0L7

Para calquier duda ou consulta ponte en contacto con nós a través do correo: experienciacliente@edelvives.es


Tamén podemos acceder ao derradeiro número da revista CROQUETA HOY.
Se coñecedes algún recurso interesante: libros, pelis... gratuítos que poden axudar á levar mellor este confinamento, podedes compartilos en comentarios.

sábado, 28 de marzo de 2020

INICIACIÓN Á LECTOESCRITURA: ACTIVIDADES IV

Para hoxe propóñovos fabricar unha bolsa sensorial para practicar os trazos tanto de letras coma de números.
Podedes facela de diferentes materiais.

Se preferides algo impreso para practicar despois de facer os trazos na bolsa sensorial podedes recurrir a:

venres, 27 de marzo de 2020

Coordinación óculo-manual: tesoiras

Xa comezamos fai uns días a recortar, hoxe propoño varias actividades para que cada día recorten algo:
Animádevos a facer de perruqueiros e perruqueiras?


Tamén podemos recortar patróns:
(se facedes clic na imaxe iredes directamente a un pdf para imprimir)
Tamén podemos facer exercicios coma estes:

As imaxes de hoxe foron tomadas da páxina de Blanca: actividadeseducainfantil.com

xoves, 26 de marzo de 2020

TIC´S: ACTIVIDADES III

(Fai clic na imaxe para acceder ao contido)
O material de hoxe é o recurso dunha editorial para o contido dunha aula de 3 anos.

mércores, 25 de marzo de 2020

EXPERIMENTO: A AUGA VIAXEIRA

Sempre me gustou traballar en infantil cos experimentos, ensinarlles reaccións máxica cunha explicación lóxica. E amosarlles que moitas reaccións que xorden non son maxia senón ciencia.
Con esta premisa vou a propoñer algún experimentos sinxelos en onde será interesante facer énfase en:
- o material necesario
- ler con axuda dun adulto as indicacións
- facer unha hipótese: supoñer o que vai suceder
- con axuda dun adulto seguir as instrucións
- observar o que sucede
- sucede o que pensábamos? buscar unha explicación.

A AUGA VIAXEIRA
MATERIAIS:
- Auga
- 2 vasos
- cordel de algodón
- colorante (alimenticio, pintura,...)
- cinta adhesiva

INDICACIÓNS:
Colorear a auga. Encher un vaso coa auga coloreada e deixar o outro baleiro. Pegar un extremo do cordel ao fondo interior do vaso baleiro. Colocar o extremo libre do cordel na auga coloreada. Levantar o vaso con auga encima do outro, pero non na vertical sobre el. Mantelo o suficientemente lonxe para que o cordel estea tenso. Verter lentamente a auga do vaso superior sobre o cordel teso. Observar o que pasa. Meter todo o cordel en auga e repetir o experimento anterior. Observar o que pasa.
Ver o vídeo se hai dúbidas:
EXPLICACIÓN:
A primeira vez a auga cae na mesa e que na segunda vez, co cordel mollado, a auga deslízase polo cordel. Isto é porque no primeiro experimento as moléculas de auga son atraídas polo cordel e a adhesión non é tan forte como a gravidade que tira da auga cara abaixo, e molla a mesa. Pero ao volver facer o experimento despois de mollar o cordel en auga, as moléculas de auga non só son atraídas polo cordel, senón que tamén son atraídas polas moléculas de auga que hai no cordel mollado.

LÓXICO-MATEMÁTICA: ACTIVIDADES III

Imos con máis actividades:

Subitización:
- podedes fabricar o voso panel ou utilizar este exemplo:
- imprimir ou debuxar estas cartas para logo xogar a dicir cantas hai sen contalas.
(fai click na imaxe para ir ao pdf)
Recordade ir traballando os cuantificadores máis e menos.

Recta numérica:
Aproveitade para contar todo o que teñades que manipular, ao gardar os xoguetes, cando se pon a mesa,... tendo especial coidado en non adiantarse nen quedarse atrás. Por cada cousa que contamos dicimos un número.
Podedes escribir os números do 1 ao 10 en tampóns de botellas, cartón de leite... e xogar a ordenalos, a retirar un par deles e colocalos no seu sitio...

Asociar número á cantidade:


Hoxe tamén vos engado algunhas fichas para facer se as precisades:

martes, 24 de marzo de 2020

ACHEGAMENTO Á ARTE: ACTIVIDADES II

Pensábades que Mondrian non daba para máis... pois nada diso... hai moitísimas actividades que podemos seguir facendo.
Esta vez propóñovos unha para a que primeiro hai que practicar o uso da tesoiras.
Sería importante incluir no horario 5 minutos para recortar papeis de xornal, de revista, de folletos.... cando controlen un pouco a tesoira podemos intentar que recorten por liñas rectas:
Collemos papeis das cores que utiliza Mondrian. se non os tedes podedes pintalos, e recortamos tiras, cadrados e facemos a nosa composición.
Gustaríame ver como vos saen... recordade enviar fotos a través do correo electrónico. Xa me encargo de subilas a instagram.

INICIACIÓN Á LECTO ESCRITURA: ACTIVIDADES III

Hoxe podemos seguir con algún conto:
Contacontos en galego.
- kalandraka


Falamos sobre o conto, cales son os protagonistas, inventamos un título, inventamos un novo final.  Escribimos o título, debuxamos o/a protagonista, debuxamos un novo final,...
Non tes que facelo todo, só aquelo que prefiras.

Hoxe propóñovos xogar ao bingo das letras maiúsculas. É moi doado e podedes xogar toda a familia.
Podedes utilizar as letras de imán, de scrabbel (intelect), ou facelas en papel.
 
 

Tamén hai que preparar uns cartóns:
Nuns folios facemos unha táboa e engadimos letras sen repetir.
Escollemos unha letra de cada, sempre en maiúsculas, metémolas nunha bolsa. E a cantar letras. Recordade facer quendas para que sexa máis divertido.





sábado, 21 de marzo de 2020

TIC´S: ACTIVIDADES II

Os xogos de hoxe teñen sobre todo contido matemático:

(Recordade: facede clic na imaxe)

venres, 20 de marzo de 2020

LÓXICO-MATEMÁTICA: ACTIVIDADES II

Por se xa estades cansos das actividades anteriores propoño estas outras:
Subitización:
- colledes un dado (ata o 6), e ir tirando e dicir o número que salga, ou con cartas (só ata o 5):

- outro vídeo para a subitización:
Recta numérica:
- dicir os números do 1 ao 10... (na clase contamos ata 17 todos os días), contando cousas temos que poñerlle unha utilizade. na aula contamos cantos estamos canto faltamos. Na casa cun calendario diante podemos contar o número de día que é hoxe e cantos días quedan para rematar o mes.
- xogar a saltar aros e poñerlle o número, ou debuxamos no chan cunha tiza os círculos e logo escribir os números.
Cuantificadores: máis - menos
Ao mesmo tempo que traballamos subitización e recta numérica, pedimos que digan se unha cantidade é máis ou menos que outra.

xoves, 19 de marzo de 2020

Día do Pai

Feliz día a todos os papas.
Ímoslle adicar un conto:
Fai clik na imaxe.

INICIACIÓN A LECTOESCRITURA: ACTIVIDADES II

O mellor que podemos facer para espertar o gusto pola lectura é que os nosos pequenos/as vexan ler aos maiores. E non vale ler no móbil ou na tablet ;). Temos que ler libros, xornais,... 
Os libros que tedes na casa seguro que xa están máis que lidos, por eso vos propoño hoxe algún contaconto interesante:
Kalandraka sube cada día no seu canal un conto:
COELLIÑO BRANCO
Fai clic na imaxe
O POLIÑO DA ABELEIRA
Fai clic na imaxe
ANIMAIS


Fai clic na imaxe.
En 3 anos o máis importante é aprender a controlar o trazo, é que algo tan sinxelo para nós como repasar algo e doado, para eles é moi complicado, Todavía teñen un control  da motricidade fina e menos da coordinación óculo manual. Para desenvolverlo podemos utilizar calquer xogo de insertar (pinchos, quebracabezas, facer pulseras...), colorear sen saírse, picar, recortar,... Pero hai unhas actividades de grafomotricidade moi interesantes:
 
Aquí podes atopar máis exemplos:
- La clase de Miren
- Trabajando en educación infantil

mércores, 18 de marzo de 2020

ACHEGAMENTO Á ARTE: ACTIVIDADES I

O arte en infantil tamén é moi importante porque permite que o alumnado exprese a súa creatividade e o seu desenvolvemento integral. Cando un neno ou nena colle un utensilio e empeza a crear todo é arte.
Pero dende a escola amosamos algúns modelos axeitados á súa idade para que podan recoñecer artistas famosos e famosas.
Neste trimestre tiñamos organizada unha saída á unha exposición de arte, que teremos que pospoñer.
O primeiro artista que ía propoñer é:
PIET MONDRIAN
Para iso expoño varias obras del,
Composición en rojo, amarillo, azul, blanco y negro (1921)

Composición en campo de color (1917)
Victoria del Boogie Woogie (1942-4)

para fixarnos no que teñen en común:
- formas
- cores
- sinatura
- ...
Despois de que eles digan podemos dar un pouco máis de información:
Mondrian  foi un pintor vanguardista que vivían en Holanda (podemos buscala nun mapa para ver se está lonxe ou preto, se tivesemos que ir visitalo en que viaxaríamos,...) é moi coñecido polas súas obras figurativas, que el chamaba composicións.
A partir de ahí suxerimos actividades para tratar de reproducir algún:
- montando un cadro con pezas de lego ou semellantes
- recortando trozos de papel e pegando
- facendo liñas con cinta aislante e completando con cor, plastilina, papeis, ...
- colorear outros obxectos como se foses pintados por Mondrian


 
Deixovos un baleiro por se queredes enchelo:

martes, 17 de marzo de 2020

INICIACIÓN Á LECTOESCRITURA: ACTIVIDADES I

No cole esta iniciación estámola facendo dende o seu nome. Porque realmente é o primeiro texto que é significativo para eles. por iso case todas as actividades que propoñemos na aula están en función do seu nome:
- letras do nome
- número de letras que ten,(comparamos cos compañeiros: que ten igual número de letras, que ten menos e que ten máis)
- letra porque comeza: igual que (outros obxectos ou outros nome coñecidos que empezan igual)
- letra pola que remata
- etc...
Nas seguinte imaxes podedes descargar algúns traballos para imprimir.  Fixádevos porque algunhas repítense: